asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de pontevedra aempe
  Inicio   |   Xunta directiva    |   Comunicación   |   Servizos   |   Formación   |   Bolsa de emprego   |   Asociarse   |   Contactar  
solicitar / recuperar clavesolicitar / recuperar clave
   asociado:
   
   Contrasinal:
   
  Nadal Pontevedra  
 
   Novas
   A Asociación
   Instalacións
   30 Aniversario AEMPE
   Convenios
   Boletín de Afiliación
 




 
Inicio   A Asociación


Presentación  

ampliar

Adaptarse ás novas tecnoloxías é un criterio que deben adoptar todos aqueles que non desexan perder o tren da modernidade.
Emprendemos na nosa Asociación, coa apertura desta páxina web, un novo camiño de servicio ós nosos afiliados que lles permita abrir novos horizontes adaptándonos a un entorno caracterizado por continuos cambios e avances tecnolóxicos cada vez máis rápidos.
Moitas son as cousas que poderemos acadar entre todos e isto o conseguiremos si continuamos na liña de crecemento que nos ven caracterizando.
Para o bo funcionamento é necesario que manteñamos os nosos datos empresariais continuamente actualizados, buscando responder con axilidade ás consultas e necesidades de información.
Estamos seguros de que coa colaboración de todos, convertiremos esta páxina nun elemento moi eficaz para o desenvolvemento das nosas empresas. Dando un paso máis na modernización da nosa estructura e na axilización da forma de traballo.





A Asociación  

ampliar

Na Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), atopanse representadas toda-las actividades comerciais, as empresas, industrias e comercio do Municipio e o seu entorno.

Realizando toda unha serie de actividades cos diferentes organismos e entidades, nas que sempre está presente é representada na Asociación polos membros da Xunta Directiva.


subir



Local Social  

ampliar

Dispón dun Local Social propio de TRESCENTOS METROS CUADRADOS, con instalacións para impartir formación ós asociados nun Auditorio con capacidade para setenta persoas.

Todas as aulas están a disposición dos socios, por si fose necesaria a utilización das mesmas ante calquer evento ou reunión que consideren.


subir



Ámbitos de Actuación  

ampliar

• Convenios de colaboración, coa CAMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACION de Pontevedra, DEPUTACION PROVINCIAL, CAIXANOVA, CONCELLO DE PONTEVEDRA, tódolos PARKINS da nosa cidade, cos operadores de telefonía (TELEFONICA (básica ou móviles)), empresas de Estacións de Servízo ERG.

• Autorización da AXENCIA TRIBUTARIA para a presentación, vía telemática, das declaracións do IRPF, IVA, IMPOSTO SOBRE O PATRIMONIO, IMPOSTO DE SOCIEDADES, DECLARACIÓNS ANUAIS A TERCEIRAS PERSOAS.

• A Asociación está representada, provincialmente, a través da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), autonómicamente, na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e por ser membro de dereito destas Confederacións, ten representación Nacional na CEOE.

• Forma parte da Xunta Directiva da Cámara de Comercio cun representante na Comisión Executiva.

• O Presidente ostenta a Vicepresidencia da CEP en representación de tódalas Asociacións da Provincia e, ademáis, forma parte do Comité Executivo da CEG, sendo representante da Pequena e Mediana Empresa da Provincia de Pontevedra na Asamblea da CEOE.

• AEMPE ten representación no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Pontevedra-Marín.

• É membro do Consello Económico e Social do Municipio, de cuxa representación responsabilizase o Presidente.

• É membro do Plan Estratéxico para o desenvolvemento da comarca, na que están implicados os municipios de Marín, Vilaboa, Poio, Sanxenxo, Soutomaior, Pontecaldelas e Pontevedra, tendo a representación o responsable do Sector do Comercio.

• Forma parte do Consello Escolar Municipal.

• Representa á CEP na Comisión de Emprego e Seguimento da Contratación Laboral.

• É representante Provincial no Comité pola Seguridade e Saúde Laboral.

• Participa na Mesa da Defensa por un Campus Digno, colaborando cos demáis representantes de outras organizacións e entidades.

• É socio colaborador de SOGARPO.

• A través do noso Presidente, ostenta a presidencia da Mesa de Prestación de Servizos ás Empresas no Plan PRODER II - Comarca de Pontevedra (Asociación de Desenvolvemento Rural).

• Coa Conxellería de Traballo, participamos, como Centro Colaborador, para a actividade de Orientación Profesional para o Emprego e Asesoramento ó Autoemprego.

• Centro recoñecido pola mesma Conxellería para prestar asesoramento do Servizo Galego de Colocación nas modalidades de mantemento de Ofertas e Demandas.

• Permanece adherida ó Sistema Arbitral de Consumo e á  Xunta Arbitral de Consumo de Galicia en representación dos empresarios.

• Están integradas en AEMPE diferentes Asociacións da cidade como: ZONA MONUMENTAL PONTEVEDRA, CENTROTENDAS, ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA CALLE OLIVA, ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS - AUTÓNOMOS E INDUSTRIAIS DO COMERCIO DE PONTEVEDRA, ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE LIMPEZA, ASOCIACION DE HOSTELERIA DE PONTEVEDRA.


subir



 
Nota LegalNOTA LEGAL