Dá a coñecer o teu emprendemento
Praza de España, Pontevedra
17-19 Setembro
Xa é posible presentar candidaturas para participar na 7ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 17, 18 e 19 de setembro na Praza de España de Pontevedra.
Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.
Se tes un novo emprendemento con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa envía a túa candidatura.
Podes escoller ata o 10 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:
- DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE durante dous días.
- PROPOÑER ACTIVIDADES DEMOSTRATIVAS para o programa.
- PARTICIPAR NO ‘PONT-UP EXPRÉS’ onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a importantes empresas e entidades.
Podes solicitar unha ou varias opcións cun mesmo ou diferentes emprendementos.
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades demostrativas dentro do programa; e participar no Pont-Up Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 4 escoitantes, representantes de importantes empresas e entidades galegas. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades desde o 10 de xuño ao 10 de xullo a través da web www.pontupstore.com A decisión do comité organizador farase pública o 21 de xullo.