en Axenda
Cartel Almorzo Plan de Igualdade

O vindeiro día 26 de novembro terá lugar o almorzo “Como elaborar e implantar un Plan de Igualdade na miña empresa. A prevención do acoso e a violencia de xénero no ámbito laboral”, organizado por CEP e AEMPE.

O evento comeza as 9:30 na sede de AEMPE ( C/ Peregrina 49. Planta 1ª – Ofic. 27. Pontevedra).

Programa do almorzo

  • 09:30h – Presentación
  • 09:40h – Conclusións do I Foro Empresarial de Galicia para a Igualdade, a RSE e a Prevención do acoso e a Violencia de Xénero
  • 10:00h – Obrigacións legais en materia de igualdade e prevención do acoso e a violencia de xénero
  • 10:30h – Como deseñar e implantar un Plan de Igualdade na empresa. Os protocolos de prevención do acoso e a violencia de xénero
  • 11:30h – Debate – Clausura

Os talleres serán dirixidos por Dª. Silvia Blanco, Consultora Especializada da Fundación Nortempo

Entregarase a cada asistente en formato dixital:

  • Un documento coas principais conclusións do I Foro Empresarial de Galicia para a Igualdade, a RSE e a Prevención do acoso e a Violencia de Xénero.
  • Unha Guía Práctica sobre como elaborar un Plan de Igualdade

Para inscribirse no almorzo, cubra este documento cos datos requeridos e envíeo ao email cep@cep.es o ao número de fax 986 434 822.

Inscrición gratuita.
Aforo limitado.

Artigos recentes
Desayunos NetworkingVíctor Nogueira en Foro Empresa