Este luns entra en vigor a nova obrigación por parte das empresas do rexistro diario das xornadas laborais dos seus traballadores. O real decreto ten como obxectivo controlar os posibles excesos de horas extra nas empresas que, segundo a Enquisa de Poboación Activa, acumula máis de 5 millóns de “extra” cada semana.
Con todo, a normativa non aclara a maneira na cal as compañías deben realizar estes controis, simplemente sinala que se debe rexistrar o horario concreto do inicio e final da xornada laboral polo mecanismo que cada empresa acorde cos representantes dos traballadores ou na súa falta, o que decida o empresario. Esta sentenza deixa a elección das empresas a realización dos seus controis vía manual (ou escrita) ou mediante sistemas informatizados. De non cumprir con este real decreto, aplicaríanse multas de 6.250 euros.
Para facilitar a adaptación, o Ministerio de Traballo publicou a “Guía sobre o Rexistro da Xornada” para achegar toda a información posible ante esta nova lei. Quen desexe consultala, poderá descargar o PDF mediante este enlace.
Fonte: EFE, El Español.