A Concellería de Promoción Económica e Turismo está a traballar na elaboración dunha base de datos para informar aos cidadáns en tempo real dos diferentes negocios de Pontevedra que permanecen en funcionamento durante o estado de alarma motivado polo Covid-19. A súa finalidade é a de proporcionar, a través das páxinas web do Concello e do proxecto Iniciativa Local de Emprego Social, datos actualizados sobre os medios de contacto e os servizos que ofertan os establecementos, como o reparto de produtos a domicilio, facilitando deste xeito a realización das compras nestes días de confinamento.

Para crear a dita base de datos e necesario cubrir a seguinte formulario.

Grazas pola túa colaboración

Formulario