Desde a directiva de AEMPE organizamos o pasado 10 de novembro unha cea de conmemoración do 45 aniversario da Asociación de Empresarios de Pontevedra.
O evento desenvolveuse no Liceo Casino de Pontevedra e reuniu a persoas asociadas, altos cargos de AEMPE e a figuras relevantes da provincia. Igualmente, a cea non era privada, polo que calquera persoa interesada puido asistir e celebrar connosco os corenta e cinco anos de traballo de representación e colaboración activa cos empresarios de Pontevedra.