
O encontro gratuíto quere dar respostas a todos os retos aos que se enfronta as pemes, ante a COVID-19.
Celebrarase de forma virtual o 21 de outubro de 10 a 13.30 am, e poderase consumir onde e como queiran os seus asistentes.
Adn Pemes Galicia é o primeiro congreso online gratuíto que se celebrará para as pemes galegas, o 21 de outubro. Este congreso dixital englóbase dentro do novo circuíto de eventos online organizado pola Neurona, para seguir apoiando ás pequenas e medianas empresas e profesionais, nestes tempos tan complexos.
O obxectivo é ofrecerlles, nun novo formato 100 % online, toda a experiencia e coñecemento adquirido nestes anos, da man de expertos destacados e empresas referentes do sector.
De que se falará en ADN PEMES ONLINE?
A axenda do evento online estará baseada nos principais problemas que afrontan hoxe as pemes, coa chegada do COVID-19. Coñecer como obter financiamento e cales son as mellores alternativas neste contexto de incerteza con Antoni Ramis, CFO Grupo Juaneda e Lorenzo Escobar, CFO do Grupo Lledó, explicarán o carácter estratéxico da transformación dixital, entre outros temas e obxectivos que vertebrarán o encontro dixital.
A dixitalización é xa unha necesidade
As pequenas empresas necesitan abordar a transformación dixital como unha oportunidade para optimizar procesos, simplificalos e aumentar o control sobre a xestión da peme. Por iso, no evento abordarase a dixitalización como oportunidade, da man de Jorge Monteagudo Rey de BeeDigital e Fernando Martín Ortega, de Aertec Solutions, falarán do posicionamento na internet e de como captar clientes nunha contorna de mercado e marxes moi competitivas.
A tecnoloxía ao servizo das pemes e a necesidade de transformación dixital en todos os procesos das mesmas serán temas que abordarán Ignacio Castroverde de Cisco e Isidro Velis de Ekon.
Contar cos mellores aliados
“É vital adaptarse e aliarse cos mellores partners para facer fronte aos novos retos que conleva a dixitalización e esta Cuarta Revolución Industrial na que nos atopamos”, explica Miguel Ángel Robles, CEO da Neurona. Por iso, BeeDigital, CISCO, EKON e Fundae patrocinan o evento. Ademais, colaboran un amplo número de Institucións, colexios profesionais e media partners que contribuirán na difusión.
Transformamos os eventos ao ámbito on- line para garantir a seguridade de asistentes e patrocinadores
La Neurona, organizadora do circuíto, decidiu transformar a celebración dos eventos programados, adaptouse para seguir ofrecendo solucións e coñecementos a todos os seus clientes, asistentes e profesionais de forma virtual. O congreso online mantén o marcado carácter rexional e a segmentación por perfil profesional que xa existía nos eventos presenciais.
“O noso circuíto de eventos presenciais 2020 tivo que ser modificado, no seu lugar, adaptámonos á nova contorna para poder seguir ofrecendo aos profesionais, empresas, autónomos e pemes que nos levan acompañando 20 anos nos nosos eventos presenciais, unha resposta ás súas necesidades nun momento de máxima incerteza”, explica Miguel Ángel Robles, CEO da Neurona.
De feito, o pasado 17 de agosto cumpríronse vinte anos da constitución de Interban Network. Un aniversario celébrase este ano de profunda transformación para a empresa, marcado polo acompañamento e dedicación aos empresarios, pemes, e autónomos.
Sobre La Neurona. La Neurona é o proxecto de Interban Network, unha axencia de contidos e eventos, especialistas en mercados B2B. É a primeira plataforma do mercado que ofrece contidos de valor para directivos e profesionais.
Contacto: Departamento de Comunicación e Contidos
Interban Network – Telf. 91 763 87 11
Irene Moreno Irene.moreno@laneurona.com