en Axenda

A Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe) asinou un acordo de colaboración con Galicia Business School para a formación profesional e directiva, enfocada no desenvolvemento de programas orientados á integración dos mozos no mundo da empresa como á actualización e desenvolvemento directivo de empresarios e profesionais.

Galicia Business School ofrece unha bolsa-desconto do 15% sobre o prezo total do programa aos asociados de Aempe. Desconto do 50% no programa Executive MBA 2018-2019, destinado a profesionais cun mínimo de oito anos de experiencia profesional e que actualmente exercen funcións directivas; outra bolsa do 50% no programa MBA, destinado a profesionais en exercicio; outra bolsa do 50% no programa Máster en Márketing e Márketing Dixital para profesionais en exercicio, e unha bolsa do 50% no programa Máster en Supply Chain Management e Loxística, destinado a profesionais en exercicio.

Fonte: Faro de Vigo.

Artículos recientes