en Novas

Os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2020 terá lugar a 9ª edición de EDUGAL, o salón de oferta de educación e formación de Galicia.

Son tres días de información para elixir un futuro laboral a través da universidade e a formación profesional onde todos aqueles interesados están convidados a participar.

EDUGAL é unha aposta polo futuro inmmediato da formación en Pontevedra e Galicia. Un salón onde se axuda aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional. A ampla oferta de centros educativos e formativos, así coma empresas e entidades, darán resposta ás necesidades de formación do estudante que necesita elexir o seu camiño para acceder ao mercado laboral.

Cun público potencial de máis de 10.000 personas, animamos a todas aquelas empresas e entidades a participar nun evento que fomenta e promociona a educación e a formación. Así mesmo, animamos tamén a alumnos e familias, centros educativos e profesionais do ensino a asistir como visitantes e participar nas conferencias, charlas de orientación, obradoiros e demostracións.

Nos vindeiros días, seguiremos ampliando a información do programa e das actividades.

Para máis información, descargue o dossier ou visite a web edugal.es

Artículos recientes