en Novas

O Consello de Ministros, de acordo co regulado no artigo 29 da Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias, aprobou con data 24 de marzo, -BOE 26 de marzo- as condicións e requisitos para acceder ao primeiro tramo de avais, outorgados polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, ata un importe de 20.000 millóns de euros, para facilitar acceso ao crédito e liquidez a empresas e autónomos para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

Esta Liña de Avais do Estado para empresas e autónomos do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital será xestionada polo ICO a través das entidades financeiras que concedan financiamento a empresas e autónomos para paliar os efectos económicos do COVID-19.

As empresas e autónomos terán acceso a estes avais a través das súas entidades financeiras, mediante a formalización de novas operacións de financiamento ou renovación das existentes.

A Liña está suxeita á normativa de axudas de Estado da Unión Europea.

No primeiro tramo activado da Liña de Avais, por importe de 20.000 millóns de euros, créanse dous subtramos:

  • Ata 10.000 millóns de euros para renovacións e novos préstamos concedidos a autónomos e pemes.
  • Ata 10.000 millóns de euros para renovacións e novos préstamos concedidos a empresas que non reúnan a condición de peme.

Toda a información na web do ICO

Descarga o documento con preguntas frecuentes publicado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital sobre a liña de avais
Artículos recientes