en Axenda

Esta mañá na sede de AEMPE tivo lugar unha masterclass gratuita de mellora da produtividade e a organización destinada a pemes e autónomos.

Esta estivo guiada por Juan Luís Magariños, director e fundador de «Optimiza o teu negocio», enxeñeiro de formación con Máster en Coaching Internacional e Posgrao en Dirección e Xestión en RRHH. Asesorando e formando desde 2013 a pemes e autónomos no seu desenvolvemento de negocio e áreas como estratexia, xestión de equipos, cadros de mando, vendas, selección de persoal e produtividade.

Coa premisa de aprender a mellorar a produtividade do teu negocio para alcanzar os teus obxectivos tan só en 90 minutos, asesorou aos 60 empresarios que acudiron ao relatorio.

Esta se estructuró en varias partes, comentando casos prácticos baseados na experiencia persoal tanto do ponente como dos asistentes, tendo en conta os diferentes sectores empresariais aos que puidesen pertencer (TIC, metal, inmobiliario, construción, servizos a empresas, etc.).

O evento finalizou cun almorzo a cargo de AEMPE, fomentando tanto as relacións sociais como laborais.

Artículos recientes