en Axenda

As pemes galegas conforman a maior parte do tecido empresarial da nosa comunidade. Ademais, estas pequenas e medianas empresas teñen unha serie de características e atributos únicos que todo empresario e emprendedor debe coñecer e manexar se quere asegurar o seu éxito. Para cubrir esta necesidade nace o “Programa Experto en Xestión de PEMES”, un título acreditativo deseñado por Galicia Business School que capacitará a todo aquel que dirixa un PEME ou aspire a dirixila, ben porque está a emprender, ou porque cursa estudos empresariais centrados neste ámbito.

O programa xorde grazas á iniciativa “Aula de Estratexia Empresarial” levada a cabo entre ENCE, compañía clave no desenvolvemento de Pontevedra e a súa comarca, e AEMPE, Asociación exemplo de vocación de servizo ao emprendedor, pequeno e mediano empresario.

Esta formación está dirixido a: Empresarios, profesionais de empresa que participan na dirección e xestión de PEMES, emprendedores, sucesores na xestión de empresas familiares, estudantes da área económica e empresarial e todos aqueles que centren os seus intereses na xestión da pequena e mediana empresa.

Grazas á organización de AEMPE e a colaboración económica de ENCE, o curso conta cunha subvención do 100% da matrícula.

A modalidade desta formación é presencial dixital, cunha duración de 10 xornadas de 4 horas presenciais e 20 horas fora do aula dixital.

Formulario de inscrición

Este formulario xa non está dispoñible. Sentimos as molestias.


Este formulario ya no está disponible. Sentimos las molestias.

Artigos recentes
Víctor Nogueira en Foro Empresa