

Data de presentación: luns, 20 de maio de 2019, ás 20.15h.
Lugar: Sede de AEMPE (C/ Virgen del Camino 2, 1ª planta, Of. 27, 36001 – Pontevedra)
Imparte:
- D. Óscar Rey Iglesias (CIEE)
Modelo Pedagóxico:
- Tomando como punto de referencia a orientación práctica que se persegue, o obxectivo é facilitar ao alumno as ferramentas e coñecementos para a xestión das obrigacións fiscais, laborais e contables dunha empresa, de tal forma que, ao finalizar, o alumno ademáis de poder levar a xestión do negocio tamén estará capacitado para asesorar nestes ámbitos.
- As clases desenvolveranse en grupos reducidos, cun computador por alumno e combinará os ensinos teóricos coa resolución de casos prácticos.
- O curso de especialización consta de tres módulos que se poden completar de modo independente.
- Expedirase diploma acreditativo por cada módulo superado (requírese asistencia). Completados os tres módulos expedirase diploma acreditativo de Especialización en Asesoría Fiscal, Laboral e Contable.
Módulos:
- Módulo de Contabilidade, Práctica contable e Análise de balances.
- Módulo de Xestión Laboral e Contratación (Seguridade Social)
- Módulo de Fiscalidade para a PEME: IRPF, IVE e Imposto de Sociedades