A ciberseguridade non depende só da tecnoloxía. As persoas tamén xogan un papel fundamental na protección das empresas fronte ás ameazas dixitais.
Neste obradoiro práctico descubrirás como actúan os ciberdelincuentes, cales son os riscos dixitais máis habituais para pemes e persoas autónomas, e como detectar situacións de fraude antes de caer nelas.
Aprenderás, entre outras cuestións, a:
- Anticiparte aos movementos dos ciberdelincuentes
- Protexer correctamente as túas credenciais, o teu posto de traballo e os dispositivos móbiles
- Identificar as principais ameazas en liña e aprender a detectalas
- Recoñecer correos falsos antes de facer clic
Esta sesión está dirixida a pemes, persoas autónomas e a calquera persoa interesada en mellorar a súa protección no entorno dixital.
- Data: 26/05/2025
- Horario: 9:00 a 10:00 h
- Lugar: Sede AEMPE. C/ Virgen del Camino 2, 1ª planta, oficina 27. Pontevedra. Cómo llegar.
- Inclue: café-networking ao finalizar
"*" campo requerido
