Agora máis que nunca: Formación e networking da man do IGAPE
O momento actual, no que estamos vivindo unha realidade inesperada que inaugura unha nova era en todos os terreos, esixe reaccionar con prontitud e axudar ao noso tecido empresarial a comprender o novo escenario e desenvolver estratexias que nos permitan seguir competindo e desenvolvendo negocio no ámbito internacional.
Para facilitar o desenvolvemento internacional das empresas, o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) ofrece un programa formativo online que contribuirá decisivamente ao crecemento da túa empresa:
O Programa, impartido por Galicia Business School, desenvólvese en directo, na modalidade de presencialidade dixital.
Consta de 32 horas repartidas en 8 sesións formativas. As sesións se impartirán a través da plataforma online interactiva da escola. A estrutura temática do programa recolle os seguintes temas:
- A estratexia empresarial: o punto de partida para un acertado desenvolvemento de negocio internacional
- A xestión das contas crave no negocio internacional (KAM: Key Account Management)
- Comprendendo a Internacionalización Digital
- E-Commerce, M-Commerce e S-Commerce aplicados ao comercio exterior
Investigación digital de mercados: claves para identificar a través de medios digitales os mercados obxectivo para a miña empresa - Social Selling en contornas internacionais
- Os mercados electrónicos e market places e as métricas da internacionalización digital
- Elaboración do Plan de Internacionalización Digital da túa empresa (taller)
Artigos recentes