en Axenda

Xa é posible presentar candidaturas para participar no Pont-Up Store 2021 que se celebrará os días 24 e 25 de setembro na Praza de España de Pontevedra.

Aínda que moitos dos stands están xa ocupados como resultado da convocatoria do 2020, que se tivo que adiar por mor da COVID-19, a reubicación de datas supuxo que 8 dos 36 emprendementos seleccionados mostrasen a súa imposibilidade de asistir este ano por diversos motivos, polo que a organización decidiu abrir unha convocatoria extraordinaria especialmente dirixida a persoas emprendedoras valentes que puxeron en marcha a súa empresa en plena pandemia (entre 2019 e 2021).

Este novo proceso de recepción de candidaturas estará aberto entre o 28 de xuño e o 4 de xullo e, respondendo a unha petición máis que repetida nas anteriores edicións, tamén estará aberto a todos aqueles emprendementos que xa participaron en pasadas edicións do evento e que presenten unha innovación destacable que lles permitira afrontar con éxito a situación xerada pola COVID-19.

Inscripciones abiertas al Pont-Up Store 2021

Inscribe a túa empresa

O Pont-Up Store é unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Segue esta ligazón para inscribirte

Artigos recentes
Sorteo Becas de Formación Galicia Business School