
Seguindo co noso Plan de Acompañamento, e co obxectivo de estar moi preto dos nosos clientes, en Banco SabadellGallego preparamos unha oferta destinada a todos os asociados de AEMPE, en relación á Liña de avais ICO COVID-19.
Buscando axudar ás empresas e autónomos a encarar os efectos económicos do COVID-19, o obxectivo destas liñas de avais é atender as seguintes necesidades do seu negocio:
- Pago de salarios, alugueres ou outros gastos fixos.
- Pagos a provedores.
- Pagos de vencemento de financiamento e obrigacións tributarias.
Liña ICO COVID-19
Plan de Acompañamento
BENEFICIARIOS
Autónomos, Negocios e Pemes
FINALIDADE
Facilitar o mantemento do emprego e paliar os efectos económicos do COVID-19
LÍMITE
Ata 1.500.000€
TIPO DE INTERESE
A partir do 1,50% Fixo
MODALIDADE
Póliza de crédito a 3 anos
Préstamo con amortizacións a 5 anos
INTERVENCIÓN NOTARIAL
Non será necesaria intervención notarial cos seguintes límites:
Autónomos: ata 30.000€, con e sen avalistas.
Empresas <= 900.000€ facturación: ata 100.000€
Empresas > 900.000€ facturación: ata 500.000€
Información de interese:
“Liquidez para as empresas galegas ante o COVID-19”
SabadellGallego, coa colaboración de SOGARPO e AFIGAL, explicarán estas iniciativas, así como os avais ao financiamento habilitados tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno de España.