Jose María Corujo Seguido, Presidente de AEMPE

JOSÉ MARÍA CORUJO SEGUIDO

PRESIDENTE

A Asociación de Empresarios de Pontevedra é unha organización empresarial sen ánimo de lucro que ten como fin a defensa dos intereses empresariais, o fomento da actividade económica e o compromiso co desenvolvemento socioeconómico do territorio pontevedrés. O noso obxectivo é axudar ao pequeno e mediano empresario, asesorarlle e defender os seus intereses, globais e sectoriais, co fin de dinamizar o noso tecido empresarial. Para acadar estas metas, a Asociación ofrece aos nosos afiliados a prestación de diversos servizos que lles permita abrir novos horizontes. Nunha actualidade cambiante e complexa, cada vez máis globalizada e dominada polas novas tecnoloxías, creemos na creación dunha sociedade máis forte e cohesionada, onde todos os actores participen no diálogo e na colaboración polo avance e polo ben común. Fomentando a comunicación entre os nosos asociados e con outras institucións galegas e nacionais, tratamos de contribuír ao fomento da competitividade da nosa economía, mobilizando a actores políticos, sociais e económicos, co obxectivo de dotar as nosas propostas da maior pluralidade.