en Novas

 

Hoxe, o xornal A Voz de Galicia recolle unha entrevista a Silvia Crespo, Vicepresidenta de AEMPE. Na entrevista conta a súa experiencia como emprendedora con Bien Bonito, un taller de deseño e fabricación de uniformes personalizados para todo tipo de empresas.

Silvia conta como, tras dar xiro e comenzar o seu propio camiño con Bien Bonito, conseguiu con moito esforzo e decicación realizar traballos no só na provincia de Pontevedra, senón tamén para Huelva, Alicante, Barcelona, Huesca, Denia ou Gijón, entre outros.

“Acudín a cursos de formación e ao estar rodeada de emprendedores ou mentores, unha empeza a pensar en que pode ser boa.”

“Emprender a mí no me asustó, tardé cero coma en arrancar.”

“Os meus uniformes teñen moito de min, fixen moda e buscaba algo actual, que sente ben e entalle, ao final o traballador é o embaixador da marca e eu busco alargar a silueta e potenciar as formas.”

Podes leer o artigo completo na web de A Voz de Galicia

Fotografía de Ramón Leiro

Artigos recentes