Seguindo o convenio de colaboración que mantemos coa escola de negocios Galicia Business School, dende AEMPE lanzamos para os nosos asociados un novo sorteo de medias bolsas nos seus programas Máster destinados a profesionais. Realizarase un sorteo entre os participantes de bolsas-desconto do 50% nos seguintes programas Máster:
- EXECUTIVE MBA (6.225€ aplicando a bolsa-desconto)
- MBA Profesional en Administración de Empresas (5.745€ aplicando a bolsa-desconto)
- MBA en Dirección de Operaciones & Supply Chain Management (6.225€ aplicando a bolsa-desconto)
- Máster en Marketing & Marketing Digital (5.745€ aplicando a bolsa-desconto)
- Máster en Marketing, Gestión Comercial y Ventas (5.745€ aplicando a bolsa-desconto)
- MBA en Dirección de Personas. RRHH (5.745€ aplicando a bolsa-desconto)
O sorteo realízase a través do seguinte formulario de inscrición, comezando o 1 de xuño de 2020 e rematando o 15 de xuño de 2020.
Haberá 1 gañador e 3 suplentes por cada programa. O afortunado terá 48 horas para aceptar a bolsa, desde a comunicación dos resultados.
Artigos recentes