Presentación

Adaptarse ás novas tecnoloxías é un criterio que deben adoptar todos aqueles que non desexan perder o tren da modernidade.
Emprendemos na nosa Asociación, coa apertura desta páxina web, un novo camiño de servizo aos nosos afiliados que lles permita abrir novos horizontes, adaptándonos a unha contorna caracterizada por continuos cambios e avances tecnolóxicos cada vez máis rápidos.
Moitas son as cousas que podemos alancanzar entre todos e isto conseguirémolo si continuamos na liña de crecemento que nos vén caracterizando.
Para o bo funcionamento é necesario que manteñamos os nosos datos empresariais continuamente actualizados, buscando responder con agilidad ás consultas e necesidades de información.
Estamos seguros de que coa colaboración de todos, converteremos esta páxina nun elemento moi eficaz para o desenvolvemento das nosas empresas. Dando un paso máis na modernización da nosa estrutura e na agilización da forma de traballo.

A Asociación

presentacion de Aempe

Na Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa da Provincia de Pontevedra (AEMPE), atópanse representadas todas as actividades comerciais, as empresas, industrias e comercio do Municipio e a súa contorna.

Realizando toda unha serie de actividades cos diferentes organismos e entidades, nas que sempre está presente e representada a Asociación polos membros da Xunta Directiva.

Local Social

Curso organizado por AEMPE

Dispón dun Local Social propio de TRESCENTOS METROS CADRADOS, con instalacións para impartir formación aos asociados e un Auditorio con capacidade para setenta acodes.

Todas as aulas están a disposición dos socios, por si fose necesaria a utilización das mesmas ante calquera evento ou reunión que consideren.

Ámbito De Actuación

Ambito de actuacion AEMPE

• Convenios de colaboración coa CAMARA DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACION de Pontevedra, DIPUTACION PROVINCIAL, CAIXANOVA, CONCELLO DE PONTEVEDRA, todos os PARKINS da nosa cidade, cos operadores de telefonía (TELEFONICA (básica ou móbiles)), empresa de Estacións de Servício ERG.

• Autorización da AXENCIA TRIBUTARIA para a presentación, vía telemática, das declaracións de IRPF, IVA, IMPOSTO SOBRE O PATRIMONIO, IMPOSTO DE SOCIEDADES, DECLARACIÓNS ANUAIS A TERCEIRAS PERSOAS.

• A Asociación esta representada, provincialmente, a través da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), autonómicamente, na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), e por ser membro de dereito destas Confederacións, ten representación Nacional na CEOE.

• Forma parte da Xunta Directiva da Cámara de Comercio cun representante na Comisión Executiva.

• O Presidente ostenta a Vicepresidencia da CEP en representación de todas as Asociacións da Provincia e, ademais, forma parte do Comité Executivo da CEG, sendo representante da Pequena e Mediana Empresa da Provincia de Pontevedra na Asemblea da CEOE.

• AEMPE ten representación no Consello de Administración da Autoridad Portuaria de Pontevedra-Marín.

• É membro do Consello Económico e Social do Municipio, de cuxa representación responsabilizase o Presidente.

• É membro do Plan Estratéxico para o desenvolvemento da comarca, na que están implicados os municipios de Marín, Vilaboa, Poio, Sanxenxo, Soutomaior, Pontecaldelas e Pontevedra, tendo a representación o responsable do Sector do Comercio.

• Forma parte do Consello Escolar Municipal.

• Representa á CEP na Comisión de Emprego e Seguimiento da Contratación Laboral.

• É representante Provincial no Comité pola Seguridade e Saúde Laboral.

• Participa na Mesa da Defensa por un Campus Digno, colaborando cos demais representantes doutras organizacións e entidades.

• É socio colaborador de SOGARPO

• A través do noso Presidente, ostenta a presidencia da Mesa de Prestación de Servizos ás Empresas no Plan PRODER II – Comarca de Pontevedra (Asociación de Desenvolvimiento Rural).

• Coa Consellería de Traballo, participamos, como Centro Colaborador, para a actividade de Orientación Profesional para o Emprego e Asesoramiento ao Autoempleo.

• Centro recoñecido pola mesma Consellería para prestar asesoramiento do Servizo Galego de Colocación nas modalidades de mantemento de Ofertas e Demandas.

• Permanece adherida ao Sistema Arbitral de Consumo e á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia en representación dos empresarios.

• Están integradas en AEMPE diferentes Asociacións da cidade como: ZONA MONUMENTAL PONTEVEDRA, CENTROTIENDAS, ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DA RÚA OLIVA, ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS – AUTÓNOMOS E INDUSTRIAIS DO COMERCIO DE PONTEVEDRA, ASOCIACION DE EMPRESARIOS DE LIMPEZA, ASOCIACION DE HOSTELERIA DE PONTEVEDRA.

Instalacións