Grazas ao convenio de colaboración con Banco Sabadell, comunicamos a todos os nosos asociados de AEMPE que dispoñen de vantaxes exclusivas no servizo VIA T á hora de efectuar os pagos das peaxes.
As comisións de emisión e mantemento serán gratuítas durante o primeiro ano para os clientes da gama Conta Expansión PROL. A partir do segundo ano, aplicarase unha comisión de mantemento de 10,05 €/ano.
Pagar comodamente as peaxes
A opción máis cómoda para pagar as peaxes para os que se desprazan habitualmente por autoestrada. Co servizo VIA T que ofrece Banco Sabadell, non é necesario interromper a viaxe ao poder abonar a peaxe sen realizar ningunha acción manual e sen deter o vehículo.
Aqueles interesados neste servizo poden visitar calquera das oficinas de Banco Sabadell e comezar a gozar de todas as vantaxes exclusivas.